Este domingo 16/06 celebrarase o desfile dos colexios.
Organizaremos por segundo ano unha comida o aire libre nas costas do Parque de Rosalía de Castro. Para logo a tarde ir todos/as xuntos/as os Xogos Galaicos. Pero precisamos levar un reconto dos asistentes para poder encargar a comida.
Itinerario:
10:30 Desfile de Arde Lucus
13:45 Comida nas costas do parque de Rosalía de Castro
• Gratuíta para soci@s anpa
• 5€ para Non soci@s
18:00 Xogos Galaicos
Por outra banda, o horario de saída do desfile é as 11:00 da mañá do domingo, polo que quedamos as 10:30 para colocarvos. No número 22
Adxunto un documento onde aparece o mapa ca colocación e o percorrido.
Achego tamén o programa do Miúdo Arde para que vexades todas as actividades infantís que hai.
Para calquera dúbida podedes contactar conmigo neste correo ou nos teléfonos abaixo indicados.
Aberto o prazo para a solicitude de tela para a confección de traxes do Arde Lucus para soci@s da anpa.
@s que as necesitedes enviádenos email a asociacionanpaanexa@gmail.com
Indicando número de adult@s e nen@s (dos nenos e nenas indicar as idades)
Un saúdo,
Costes festa de Entroido:
-Merenda de boliños de chorizo 36,40€.
-Augas 61,60€ (compráronse 400 para ter para futuras festas)
-Premios de disfraces 40€
-Premios de doces 30€
-Merenda sen Glute elaborada e donada por Begoña Calvo
-Mininapolitanas e minicroissants donados por esa mama que sempre participa de forma altruísta demostrando que querer é poder (e me vai colgar pq non recordamos o seu nome …)
Total costes de festa de Entroido: 168€
Agradecementos a:
Todos os nenos e nenas que nos axudaron a repartir a merenda.
Todos os pais, nais, nenos e nenas que viñeron disfrazados, os que nos trouxeron doces para o concurso e como non a todos os que viñestedes a festa, sen vos non sería posible facelas.
Desculpas a:
Os nenos e nenas de segundo e as “nenas grease” porque quixeron bailar a súa canción e a “guerra de cancións” improvisada non non saíu tan ben como queríamos.
Maña celebraremos a festa de Antroido. Comenzaremos as 16:30, neste caso entraremos polo portón de rua Pintor Corredoira.
Recordade que as actividades extraescolares NON se cancelarán .
Animadevos a participar no concurso de disfraces e de doces típicos de Antroido.
Contamos con vos!!!!
En vista da mellora meteorolóxica, queremos retomar a excursión a Taramundi que aprazaramos. A nova fecha será o 9 de marzo.
En canto teñamos mais información farémosvola chegar.
Costes Festa de Samaín 2018.
Seguindo coa nosa política de transparencia nas contas, detallamos os custes da festa de Samaín.
Os/as que aínda non sodes socios, recordade que podedes asociarvos no seguinte enlace https://anpaanexa.es/asociarse/ cantos mais sexamos, mais cousas poderemos facer.
Logo de ver os avisos meteoroloxicos (aviso de Neve, Trono e Choiva) decidiuse CANCELAR a excursión.
Esta excursión farase mais adiante en canto a meteoroloxía o permita.
Como plan B, estamos organizando unha festa de Samain no cole. En canto teñamos mais datos iremos informando .
Desculpade as moléstias
Costes desfile e comida Arde Lucus
Agradecementos:
Dende a directiva da Anpa gustaríanos puntualizar un tema sobre as festas.
As festas estanse a facer por e para os nenos e nenas, e polo tanto son festas que poden gustar mais ou menos. Pero feitas sempre desde a boa intención e dedicación dos organizadores.
Para poder seguir facendo festas, debemos de seguir unhas sinxelas normas que se seguiron ata o de agora:
Pensamos que son normas moi sinxelas, pero si estas normas non se cumpren NON podemos seguir elaborando actividades. Pois entenderedes que isto se está a facer de forma totalmente altruista e non podemos cargarnos con mais traballo do que corresponde.
Unha vez recordadas as normas, queremos agradecervos a vosa implicación e participación.
Bo día a todos/as!
Recordarvos que mañá domingo debemos estar na esquina entre Rúa do Progreso e Praza Santo Domingo as 10:30.
Dende o Concello remitíronos os seguinte itinerario:
R/ DA RAÍÑA – BAIXAR POLO LADO DOS CANTÓNS NA PRAZA MAIOR– FONDO DA PRAZA MAIOR – R/ BISPO AGUIRRE – PASEO PEONIL DA RONDA – RONDA DA MURALLA – ENTRADA PORTA DE SAN FERNANDO – Romper desfile no lugar de saída de cada un.
Logo xantaremos xuntos nas costas do Parque de Rosalía de Castro, como xa vos imaxinaredes non hai mesas nin sillas. Non estaría mal que cada un se leve a súa manta de pícnic si o ve preciso para xantar.
Despois de comer, as 18 dará comezo o espectáculo de Xogos Galaicos. Dende o Concello (aínda que nos indicaron que nos entregarán as entradas sobrantes) este ano deron poucas entradas (96) e non se poden comprar (aínda que nos indicaron que nos entregarán as entradas sobrantes) , polo que a orde de entrega será o seguinte: