Categoría: Actividades

ARDE LUCUS 2018

romano2

Este domingo 17/06 celebrarase o desfile dos colexios e como novidade organizaremos unha comida o aire libre nas costas do Parque de Rosalía de Castro. Para logo a tarde ir todos/as xuntos/as os Xogos Galaicos. Pero precisamos levar un reconto dos asistentes para poder encargar a comida.
Itinerario:
10:30 Desfile de Arde Lucus , saída na esquina da Rúa do Progreso e a Rúa Santo Domingo
13:30 Comida nas costas do parque de Rosalía de Castro
• Gratuíta para soci@s anpa
• 5€ para Non soci@s
18:00 Xogos Galaicos

Cancelación Excursión á praia de Ares

Praia-Ares

CANCELADA POR CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS

O Anpa do CEIP Anexa quere informarvos de que o vindeiro 9 de Xuño organizamos unha excursión á Praia de Ares.

O programa da excursión será o seguinte:

  • Ás 10:00 saída diante do Anexa (Intentade ser puntuais)
  • Día de praia ,si o tempo o permite, si non fose así avisaremos da cancelación ou cambio de ubicación da excursión.
  • Xantar, nesta ocasión cada familia levará a súa comida.
  • Concurso de construcións de area. O día da excursión explicaremos ás bases do concurso.
  • Sobre as 20:00-20:30 chegaremos a Lugo, a hora poderá variar.

O custo da excursión será o seguinte:

Soci@s e fill@s de Soci@s GRATIS (estará subvencionada pola Anpa)

10€ /adult@ ou nen@ NON soci@ 

  • Imprescindible a entrega a través desta páxina do boletín de inscrición no buzón da Anpa sito no hall de secretaría.
  • Os non soci@s deberán entregar este boletín unido ó xustificante de pago, ou si cubren a inscrición pola web poderán remitir o xustificante de pago o email asociacionanpaanexa@gmail.com. A fecha límite de entrega será o día Mércores 6 de xuño.

FICHA DE INSCRIPCIÓN  Á EXCURSIÓN Á PRAIA DE ARES

X Encontro de Xogos Tradicionais en Muimenta

544FABCE-1809-4BA3-A545-E044F20F21A4

Costes excursión as Insuas do Miño:

FOTO INSUAS
Costes excursión as Insuas do Miño:
  • Visita guiada polas Insuas, donada pola Deputación.
  • Visita a Casa-Museo Manuel María 27€.
  • Gusanitos donado por Lois.
  • Augas sobrantes de outras festas.
  • Visita a Vida de Aldea (Aldea das Formigas) 76€
  • Autobús 275€
  • Total coste excursión 378€
Agradecementos:
  • A David Caaveiro por decorar marca páxinas para todas as nais.
  • A Deputación pola visita guiada as Insuas.
  • A Javi por facer de guía e por transportar os pais.
  • O resto de pais, nais e nen@s pola participación.

Telas Arde Lucus

Telas Arde Lucus.

Tod@s @s que pediron tela xa pasaron a recollela, pero sobrou algunha.

@s que non vos acordástedes de pedila, poderedes ir a recollela (ata fin de existencias) os sábados a partir do 19/05 a hora do taller de confección de traxes organizado polo Concello de Lugo. A ubicación é a seguinte:

Casa da Xuventude.

Xesús Bal e Gay, s/n. 27002 Lugo