A Asociación

Festa de Antroido

Maña celebraremos a festa de Antroido. Comenzaremos as 16:30, neste caso entraremos polo portón de rua Pintor Corredoira. Recordade que as actividades extraescolares NON se cancelarán . Animadevos a participar no concurso de disfraces e de doces típicos de Antroido. Contamos con vos!!!!

Costes Festa de Nadal

Costes festa de Nadal -Actuación Gramola Gominola 871,20€ -Boliños 32,50€. -Regalos Papa Noel 117,25€ -Árbore artificial 40€. -Augas sobrantes de outras festas. -Merenda sen gluten e tarta de chocolate donados por Elena. -Regalos do Apalpador donados pola Deputación de Lugo. -Arco de globos prestado por un amigo de Jesús. Total coste: 1.060,95€ Agradecementos a: -Elena …

Costes Festa de Nadal Ler máis »

INCIDENCIAS

Bo día a todos/as, Revisando as contas, seguimos vendo ingresos de xente que non se anotou na anpa. Agradecémosvos que vos anotedes no seguinte enlace para poder enviarvos o carné de socio https://anpaanexa.es/asociarse/ Por outra banda, recordade que para anotarvos a extraescolares da anpa, a parte de avisar o monitor, teredes que cubrir a ficha …

INCIDENCIAS Ler máis »

REUNIÓN DE SOCI@S DA ANPA. 

   O próximo mércores 30/05 as 16:00 celebraremos no salón de usos múltiples, unha reunión de soci@s da Anpa. Nesta reunión falaremos da excursión de fin de curso, das actividades extraescolares, Arde Lucus…. e coma sempre escoitaremos as vosas suxerencias.Contamos coa vosa asistencia 

Telegram para avisos inmediatos

Usamos telegram para as comunicacións que consideramos deberiades coñecer de maneira inmediata. Podedes instalalo gratuitamente, e usalo dunha maneira moi similar á popular Whatsapp deberás engadir a canle @anpaanexa ou desde o enlace https://t.me/anpaanexa