¿Por qué debería estar asociado?
Estamos para axudarte na formación dos teus fill@s mediante as actividades extraescolares, no seu divertimento coas festas e outras actividades socio- culturais e a mellorar a convivencia entre alumn@s coas excursións. Pero tamén queremos acercarte máis ó colexio ofrecéndote asesoramento e mediación ante calquera conflicto ou situación que xurda na vosa etapa neste centro. Achégate a nós e colaboraremos xuntos no gran proxecto de educar os nosos fill@s para vivir nun mundo mellor.
As últimas comunicacións da ANPA Anexa
A nosa principal canal de comunicación é Telegram

ANPA
¿Qué facemos?
Extraescolares
Complementos formacionales
Na variada oferta de actividades, que teñen un carácter voluntario e non lucrativo preténdese que, mais alá da educación formal os cativos, complementen a súa formación estimulando e canalizando a creatividade. Mediante as actividades extraescolares os nenos obteñen unha autorrealización e satisfacción persoal. Sen pretender ser, como moitas veces oímos, un lugar onde prolongar a estancia dos cativos no centro.

Asesoramos
Informamos e asesoramos

Informamos e asesoramos os país e nais das actividades propias do AMPA de maneira individual e colectiva de todo aquelo que concirna a educación dos seus fillos e fillas e promover que exerciten os seus dereitos e deberes que teñen nese labor .
Convivencia

Fomentamos a convivencia
Fomentamos a convivencia entre a comunidade educativa colaborando co profesorado e alumnado para o bon funcionamento do centro. No seu divertimento coas festas e outras actividades socio- culturais e a mellorar a convivencia entre alumn@s, pais e nais coas excursións.
Participación
Incentivación da participación
Incentivamos a participación das nais e pais no alumnado do centro. Facilitamos a representación e participación das nais es pais do alumnado nos Consellos Escolares.

ANPA Anexa
Velar por unha educación de calidade. Defende os dereitos dos fillos
Tratamos que os pais e titores desempeñedes un papel activo na vida escolar. O obxetivo principal é velar por unha educación de calidade no centro educativo.
O ANPA é unha ferramenta necesaria para poder intervir nas decisións que afectan a educación e benestar dos nosos fillos. e actuar como parte integrante da comunidade educativa.

O que debes saber da ANPA
Respondemos as dúbidas principais e estaremos encantados que nos preguntedes novas dúbidas que incorporaremos aquí para ser transparentes coa asociación, para que formedes parte dela activamente
¿Qué é e para que serve o ANPA?
A Asociación de Nais e Pais CEIP A Nexa é unha entidade sin ánimo de lucro co obxetivo de velar pola educación nos alumnos do centre e representar os intereses dos pais, nais ou titores legais, facilitando a participación no colexio
¿Quén pertence ó ANPA?
Son asociados da ANPA os pais, nais ou titores legais do centro que abonen a correspondente cuota de asociado
¿Para qué serve?
Os estatutos definen os fines da ANPA como por exemplo:
Colaborar coa Dirección do colexio na educación integral do alumnado.
Promover a participación dos pais de alumnos na xestión do centro a través do Consello Escolar
Informar e orientar os seus asociados sobre a problemática da educación dos seus fillos.
Organizar actividades e servizos de tipo asistencial, social, educativo, cultural, recreativo e deportivo para os seus membros e demais compoñentes da comunidade educativa do centro
¿Cómo se financia a ANPA?
A través da aportación anual dos socios.
¿Qué beneficio supón pertencer ó ANPA
Pertencer a ANPA permitirache participar dun xeito activo na educación nos nosos fillo colaborando co colexio na mellora, o que repercutirá favorablemente en TODO o alumnado
A ANPA organiza múltiples actividades ó longo do ano escolar que solo poden participar os socios.
A ANPA representa ós pais no conello escolar.
Descontos en diversos establecementos cos que temos establecidos acordos
¿Cómo se pode participar na ANPA?
Cada familia decide o seu nivel de implicación:
- Pódese ser socio en calqueira momento, simplemente aboando a cuota
- Pódese participar a través das asambleas.
- Pode colaborar en actividades puntuais ou permanentes. Sempre ven moi ben unha axuda.
- Pódense propoñer iniciativas, plantear temas de debate, etc.
- Pódese colaborar en conferencias sobre calqueira tema que considere de interés para os alumnos: salud, nutrición, psicología, educación, medio ambente, familia, Internet
Xunta directiva actual
Somos pais e nais que altruistamente, dedicamos o noso tempo co único interés de mellorar o colexio que nos axuda a educar ós nosos fillos. Orginazamos as actividades que xestiona a ANPA en beneficio dos alumnos do colexio. Gracias a esta dedicación que desde fai anos desenvolve esta asociación conseguíronse moitos logros, e impulsáronse iniciativas moi valiosas para mellorar o centro e polo tanto o día a día dos alumnos




