INCIDENCIA FESTA DE FIN DE CURSO 2018

Dende a directiva da Anpa gustaríanos puntualizar un tema sobre as festas.

As festas estanse a facer por e para os nenos e nenas, e polo tanto son festas que poden gustar mais ou menos. Pero feitas sempre desde a boa intención e dedicación dos organizadores.

Para poder seguir facendo festas, debemos de seguir unhas sinxelas normas que se seguiron ata o de agora:

  • Civismo, debemos de intentar tirar os desperdicios nas papeleiras (servilletas, botellas…. etc) Esta norma ata o de agora estase cumprindo.

 

  • 2º E mais importante de todas as normas, NUNCA PODE QUEDAR UN NENO/A na festa a menos que quede outro adulto a cargo del. Esta norma, básica o noso entender, pensamos que estaba clara. Pero esta tarde pudemos comprobar que non era así.

Pensamos que son normas moi sinxelas, pero si estas normas non se cumpren NON podemos seguir elaborando actividades. Pois entenderedes que isto se está a facer de forma totalmente altruista e non podemos cargarnos con mais traballo do que corresponde.

Unha vez recordadas as normas, queremos agradecervos a vosa implicación e participación.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.