Nas actividades que se participe en competicións deportivas, será obrigatorio o uso do chándal oficial do colexio para que TODOS VAIAMOS IGUAIS como os demais colexios.
Incrementouse UN EURO por actividade para facer fronte o pago dunha persoa que fará a función de vixilancia e control das actividades, esto xa está incluído no prezo que aparece na táboa.
Será obrigatorio o pago da actividade sempre na primeira semana do mes en curso, sendo causa de baixa da actividade a falta de pago. Os alumnos/as que o curso pasado deixaran sen pagar algunha mensualidade da actividade, antes de poder asistir este curso a actividades deberán abonar o importe da deuda.
Este curso as actividades serán aboadas cada mes, directamente o profesor/a que a imparta.
A ANPA só fará un único cobro en concepto de matrícula en actividades, que inclúe o seguro de accidentes do alumno/a. Este importe ingresarase na conta de Abanca ES62 2080 0162 3930 4001 1915 (recordade os non clientes de Abanca que se pode facer o ingreso de forma gratuita dende o caixeiro, indicando sempre nome e apelidos d@ alumn@) unha vez confirmada a “praza” do neno ou nena na actividade e non se devolverá no caso de baixa na mesma.
Será de 50€ para os NON SOCIOS, mentres que os SOCIOS terán un desconto do 80%, debendo aboar 10€.
Solo se cobrará unha matrícula por alumno/a, independentemente do número de actividade nas que se inscriba.
IMPORTANTE CUMPRIMENTAR A FICHA CORRECTAMENTE E INDICAR A DIRECCIÓN DE EMAIL PARA NOTIFICACIÓNS.
NORMAS PARA LAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2020 / 2021
1. Todas as actividades comezarán a partir do 14 de outubro, polo que o custo desta mensualidade redúcese a metade. Finalizaremos as actividades o día 31 de maio.
2. Este curso mais que nunca pedimosvos a MÁXIMA PUNTUALIDADE
3. -Do día 06/10 as 18:00 ata o 11/10 as 24:00 estará aberto o prazo para pre-inscricións online nas actividades entraescolares dende a páxina web www.anpaanexa.es Con esta facilidade intentamos incentivar o acceso electrónico.
Será por rigoroso orde de rexistro, pois o nº de prazas é limitado. Terán preferencia os socios da ANPA.
4. Unha vez revisadas tódalas pre-inscicións, avisaremos de si hai algunha actividade que non se poida realizar por non cubrir os requisitos (nº mínimo de alumnos disposto por monitor/a). Aparecerá no taboleiro de anuncios en breve e na páxina web e no telegram. Os pre-inscritos serán notificado por email.
5. A matrícula das actividades poderedes facela directamente no nº de conta (de ABANCA) antes do día 15 de outubro (recordade que antes debemos avisar dos nenos e nenas con praza na actividade. Farase unha matrícula por neno/a, independentemente das actividades as que se inscriba.
IBAN: ES62 2080 0162 3930 4001 1915
6. Cando un alumno/a curse baixa na actividade, rogase que nolo notifiquen por escrito. Deste modo poderemos xestionar eficientemente os listados e dar parte o monitor. Non se devolverá en ningún caso o importe da matrícula.
7. Asimesmo, si algún alumno/a desexa inscribirse nunha actividade o longo do curso, deberá facelo a través da ANPA, coa correspondente inscrición e abono da matrícula completa; en caso contrario, non quedará cuberto polo seguro de accedente e calquera eventualidade quedará baixo a responsabilidade dos seus país ou titores. Sendo imprescindible para cursar a actividade ter o seguro en vigor.
8. Como novidade, este ano será obrigatorio devolver asinada a Declaración Responsable que vos entregarán os monitores. Esta será custodiada pola Anpa en caso de inspección.
9. Será obrigatorio o uso de máscara para a realización das actividades extraescolares, independentemente da idade do alumno ou alumna.
10. Disporemos de Xel Hidroalcoholico e demais sistemas de protección Covid.
11. Como novidade e por motivos organizativos, de forma excepcional este curso teremos un teléfono móbil asignado as extraescolares. Esta liña servirá para comunicarse coas extraescolares de 16:00 a 18:00 en caso de emerxencia 624270268 (Pili) e darase de baixa o 31 de maio cando rematen as extraescolares.
12. Recolleranse e entregaranse os alumnos e alumnas pola porta principal sin acceder os/as pais e nais o hall do centro.
13. Atletismo, esta actividade realizarase nas pistas do feminino, polo que irán os nenos e nenas con Maxi camiñando dende o Anexa e os pais debedes firmarnos unha autorización expresa para que eso poda ser así. Informamosvos de esto para que o teñades en conta a hora de anotarvos. Por loxistica os nenos e nenas que asistan a esta actividade teñen que ser o moi puntuais, pois senón retrasaría moito o resto de compañeiros.