Costes da Festa de Samaín 2018

Costes Festa de Samaín 2018.
Seguindo coa nosa política de transparencia nas contas, detallamos os custes da festa de Samaín.

  • Costes:
    • 38,24€ Merenda (Chocolate, leite, merenda sen gluten, tazas, servilletas….)
    • 39,60€ Churros.
    • 30€ Premios ó concurso de cabazas.
    • Os adornos utilizados foron os mesmos que na festa de Samaín 2017.
    • Total costes: 107,84€
  •  Agradecementos:
    • Á Celsa Vázquez polos seus deliciosos dedos de bruxa.
    • Á Avoa de Álvaro Meilán por deixarnos un ano mais os utensilios para a elaboración do chocolate.
    •  Á Julio Ferreiro, Manuel Trabado e Marcos Rodríguez pola elaboración do chocolate.
    •  Á Pablo, Alonso,Roi, Antón, Fernando, Rodrigo… e demais nenos e pais que nos axudaron a colocar os adornos.
    •  Ó xurado “voluntario-obrigado” dos premios de cabazas.E como non a todos/as os/as que participades nas festas, sen vos non sería posible celebralas.

Os/as que aínda non sodes socios, recordade que podedes asociarvos no seguinte enlace https://anpaanexa.es/asociarse/ cantos mais sexamos, mais cousas poderemos facer.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.