Comezo de curso 2020/2021

🔊Bo día a tod@s.

Dirixímonos a vos despois de que varias familias nos preguntasen como facer para asociarse este curso e para informarvos do “incidente” que houbo co ximnasio.

En primeiro lugar comentarvos que este curso tocará compartir ximnasio con Maxisterio e Pavillón co Feminino. Por sorte, logo de negociacións da Dirección do centro, estes espazos serán utilizados por eles SOLO pola tarde. Pero hai unha coletilla no documento que nos preocupa e xa temos traballando a un Pai e a unha Nai do cole no tema, unha vez mais agradecer a todos os que de forma voluntaria axudades cando se vos necesita.

Sobre a cota da Anpa, despois  de medítalo, hai na Anpa fondos suficientes para pasar este curso sin cota de socios e en previsión de que as actividades que podamos facer (sendo moi positivos) serán poucas. Pero iso non significa que non podades facervos socios para obter o Carné cos descontos que conleva, solo que estamos mirando como facer. Temos en mente a compra coa vosa axuda de medidores de CO2 para as aulas, desta forma abriríanse as ventás dunha forma mais eficiente e soamente o tempo indispensable, outra opción serían os purificadores HEPA. Pero aínda non sabemos cal sería a mellor opción, estamos recompilando información para ver que é mais beneficioso para a saúde dos nosos nenos e nenas. Irémosvos mantendo informados! E unha vez mais moitas grazas pola vosa colaboración!!

Recordade que podedes contactar con nos no email: asociacionanpaanexa@gmail.com

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.