Novas

EXCURSIÓN A ALLARIZ (OURENSE) O 11/11/2017

O Anpa do CEIP Anexa quere informarvos de que o vindeiro 11 de Novembro organizamos unha excursión a Allariz (Ourense). O programa da excursión será o seguinte: As 9:30 saída diante do Anexa (Intentade ser puntuais) Visitas os tres museos (Muíño do Burato, Museo do Tecido “O Fiadeiro”, Museo do Coiro “Fábrica de Curtidos Familia …

EXCURSIÓN A ALLARIZ (OURENSE) O 11/11/2017 Ler máis »

Detalle de costes da Festa de Samaín 2017

Boas tardes a tod@s, Dende a nova directiva da Anpa gustaríanos informarvos do coste das festas. O coste foi o seguinte: 58,51€ / merenda (boliños e sándwich, as augas quedaran de outra festa anterior. 24,40€/adornos da festa(cartulinas, sedel, fiso, telas de araña…..) 7€/ material para a poción feita por Roberto. 35€/ regalos do concurso de …

Detalle de costes da Festa de Samaín 2017 Ler máis »

Novidade actividades extraescolares 31 de Outubro 2017

Boas noites a todos, O próximo martes 31 de outubro celebraremos unha festa de Samaín!! Esta festa comezará as 16:30 e rematará as 18:30. Comentarvos, que as actividades extraescolares que coinciden no horario da festa non se suspenden. Polo que os que queiran faltar un ratiño da divertidísima festa, poderán facelo. O que si, que …

Novidade actividades extraescolares 31 de Outubro 2017 Ler máis »

Festa de Samain

Boas a tod@s! Estamos preparando unha festa de Samain, anotade a tarde do 31 de outubro nas vosas axendas. Xa vos iremos dando pistas sobre a festa, de momento ide preparando as vosas calabazas e os disfraces terroríficos….

Comprobación emails

Estamos tendo un problema con algunhas direccións de email. Non todas as temos ben copiadas. Os que non recibistedes email confirmando a praza d@s vos@s fill@s nas actividades extraescolares. Enviádenos un email a : asociacionanpaanexa@gmail.com co voso nome é apelidos para poñer o email correcto na base de datos. Grazas!!

AFILIACIÓN SOCI@S ANPA CURSO 17/18

AVISO: Recordarvos, que @s “antig@s soci@s” para renovar deben de cubrir a ficha de inscripción (non solo realizar o ingreso na conta). Pódese facer de a través do modelo que vos envíamos coa información das actividades extraescolares ou online na seguinte dirección: https://anpaanexa.es/asociarse/ Moitas grazas pola vosa colaboración.

NÚMERO DE SOCIO ANPA 2017/2018

Novidade número de soci@s da ANPA. Este curso reasignaremos números de socio, o motivo é a actualización da base de datos. Esta foi unha decisión ligada a mellora das nosas vías de comunicación. Desculpade as molestias que vos poda ocasionar este cambio.