Día 11: Pola porta da Avenida de Ramón Ferreiro Sur (lindando Pintor Corredoira) entrarán 5ºs e 6ºs de educación infantil, 1ºs e os dous segundos. Recollida de 2ºA pola porta norte. Infantil 6ºA o día 12, entra pola porta de PIntor Corredoira.
Pola Porta da Avenida de Ramón Ferreiro Norte (lindando co IES Nosa SRA. Dos Ollos Grandes) entrarán 3ºs,4ºs, 5ºs e 6ºs, serán recollidos polos seus titores correspondentes para ir ás aulas.
HORARIO: DE 09:00H A 14:00H
Servizo de comedor desde o día 11 (non haberá almorzo ese día).
Día 12: Presentación de alumnos de 3 anos, entrada por Pintor Corredoira ás 11:00h
INSTRUCIÓN CONXUNTA 9/2017 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA E DA DIRECCIÓN DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS:
Recordatorio sobre recollida de alumnos de 1º a 4º ao remate das clases lectivas, actividades extraescolares ou visitas culturais: Os alumnos serán recollidos nas instalacións do centro polas persoas identificadas como responsables, se non son o pai ou nai cubrir unha ficha autorizando a esa persoa, ou varias, a recoller aos pequenos e pequenas.
Alumnos de 5º e 6º: Só poderán saír sós si os seus pais ou titores legais presenten ante a dirección do centro unha autorización expresa ao respecto, eximindo á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares