INCIDENCIA MENÚ COMEDOR ESCOLAR

COMEDOR ESCOLAR:
Varios pais e nais puxéronse en contacto con nos para plasmarnos o malestar que están tendo co menú do comedor, algo que na Directiva da Anpa nos preocupa moito.

Para buscarlle solución, onte nunha reunión con FAPACEL trasladamos ese malestar. Pois ben, comentáronos que se poden presentar queixas individualizadas no rexistro do Concello de Lugo (o resto de métodos serían basicamente desoídos. Aínda así solicitamos á representante de FAPACEL pertencente a comisión tripartita que traslade o noso malestar ).

Entón dende a Directiva da Anpa animámosvos a que individualmente cada familia plantexe dende o rexistro do Concello de Lugo o malestar que está a ter co menú do colexio. E sobretodo lamentamos non poder haber feito mais nun tema tan importante como é a nutrición dos/as nosos/as fillos/as.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.