Aclaración Festa de Entroido,
Nesta festa como anécdota unha nai veu a facer un comentario destrutivo sobre a festa, indicando que era unha festa moi “cutre” e dicindo que se non había diñeiro na Anpa para facer mellores festas.
Logo de meditar moito si se publicaba ou non unha resposta a este tema, decidiuse facer unha aclaración por si esa opinión fose compartida por mais pais ou nais.
En primeiro lugar queremos recordar cal é a política da actual directiva da Anpa. A nosa política, é o “todo para e polos nenos e nenas”. Isto significa que todo o que se fai é para os nenos e nenas, e intentamos estirar o presuposto que temos o máximo que podemos. Os nenos e nenas buscan xuntarse, xogar e divertirse, e para iso non fan falta grandes recursos económicos.
Por outra banda defendemos o xogo libre e que os nenos interactúen entre eles sen ser guiados por monitores, mentres os pais e nais nos coñecemos e pasamos unha tarde xuntos.
Sobre o tema dos presupostos, como recordaredes, facerse socios da Anpa ten un custo por curso de 20€ para familias cun neno ou nena no cole e 25€ para familias con mais de un neno ou nena no cole. Si facemos contas con 200 socios de media que temos, veremos o presuposto que temos.
Este presuposto repártese entre:
-4 festas (Principio de curso, Nadal, Entroido, Fin de curso), costando as festas “non cutres”(según esta nai) unha media de 1000€ e as “cutres”(según esta nai) entorno a 120€-300€.
-2 ou 3 excursións, intentamos que sexa unha por trimestre, pero a do primeiro trimestre as veces por meteoroloxía atascásenos e non chega a saír. Estas excursións costan entre 400€ e 1000€.
-1 Taller e Desfile da Arde Lucus con posterior comida cun custo duns 600€.
Agora ben, que se podería repartir o presuposto de outra forma, si. Que sería unha repartición mellor, pois non sabemos.
O que está claro é que todo o que se fai é intentando estirar os recursos o máximo que podemos a base de traballo de todos.
Entón damos por aclarado o comentario e tomámolo como unha anécdota mais. Pero agradecemos que os comentarios destrutivos non nolos digades. Solo nos interesan as críticas construtivas e os consellos para mellorar o que se fai.
Aproveitamos para agradecer a participación dos pais e nais que cada vez está sendo maior.
Un saúdo,
Directiva Anpa Anexa