Preinscripción actividades extraescolares


Nas actividades que se participe en competicións deportivas, será obrigatorio o uso do chándal oficial do colexio para que TODOS VAIAMOS IGUAIS como os demais colexios.

Incrementouse UN EURO por actividade para facer fronte o pago dunha persoa que fará a función de vixilancia e control das actividades.

Este curso as actividade serán aboadas cada mes, directamente o profesor/a que a imparta.

A ANPA só fará un único cobro en concepto de matrícula en actividades, que inclúe o seguro de accidentes do alumno/a.

Cobrarase íntegro no momento da inscrición, independentemente da fecha de alta na actividade e non se devolverá no caso de baixa na mesma.

Será de 50€ para os NON SOCIOS, mentres que os SOCIOS terán un desconto do 80%, debendo aboar 10€.

Solo se cobrará unha matrícula por alumno/a, independentemente do número de actividade nas que se inscriba.

IMPORTANTE CUMPRIMENTAR A FICHA CORRECTAMENTE E INDICAR A DIRECCIÓN DE EMAIL PARA NOTIFICACIÓNS.

NORMAS PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2018 / 2019

  1. Todas as actividades comezarán a partir do 15 de outubro, polo que o custo desta mensualidade redúcese a metade. Finalizaremos as actividades o día 31 de maio.
  2. Do día 27/09 o 01/10 estará aberto o prazo para pre-inscricións online nas actividades entraescolares dende a páxina web www.anpaanexa.es Con esta novidade intentamos incentivar o acceso electrónico. O día 01/10 de 16:00 a 17:30 estará aberto o prazo para inscribirse nas actividades extraescolares de forma presencial no local da Anpa.
  3. Será por rigoroso orde de rexistro, pois o nº de prazas é limitado. Terán preferencia os socios da ANPA.
  4. Será preciso entregar cuberto e firmado o modelo de pre-inscrición que adxuntamos.
  5. Unha vez revisadas tódalas pre-inscicións, avisaremos de si hai algunha actividade que non se poida realizar por non cubrir os requisitos (nº mínimo de alumnos disposto por monitor/a). Aparecerá no taboleiro de anuncios en breve e na páxina web. Os pre-inscritos serán notificado por email.
  6. A matrícula das actividades poderedes facela directamente, no local no momento da inscrición ou ben no nº de conta (de ABANCA) antes do día 5 de outubro. Solo se cobrará unha matrícula por alumno/a, independentemente do número de actividades ás que se inscriba.
  7. IBAN: ES62 2080 0162 3930 4001 1915 (Abanca)

2 comentarios sobre “Preinscripción actividades extraescolares”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.