Boas tardes a tod@s,
Dende a nova directiva da Anpa gustaríanos informarvos do coste das festas.
O coste foi o seguinte:
- 58,51€ / merenda (boliños e sándwich, as augas quedaran de outra festa anterior.
- 24,40€/adornos da festa(cartulinas, sedel, fiso, telas de araña…..)
- 7€/ material para a poción feita por Roberto.
- 35€/ regalos do concurso de cabazas.
Por outra banda detallamos o resto de materiais e labores da festa (donados):
- Boliños sin gluten, cociñados e donados por María Gallardo.
- Bocadillos de nocilla con e sen gluten preparados por Begoña Calvo.
- Música, xogo de sombras, poción máxica e resto de animación donada por Roberto Otero.
- Preparación de adornos, recorte de adornos, e colgado dos mesmos o cargo dos integrantes da directiva da Anpa e de Pili.
- Limpeza das instalacións logo da festa o cargo da directiva da Anpa e outr@s soci@s voluntarios.
Coste total da festa 127,91€
(Recordarvos que este coste tan baixo é debido a que moita xente dedicou gran parte dos seu tempo estes días a traballar na festa)
Moitas grazas por asistir.
E grazas a Vingo por axudarnos a colgar os adornos e a Chus profesora de inglés polas plantillas dos adornos.