Bo día a tod@s,
Finalmente cancelase o campamento de NON Á REVÁLIDA. O motivo de cancelación foi que esta opción que estaba sendo xestionada conxuntamente entre varias anpas e non foi viable. Non se conseguiu a tempo unha ubicación na que facelo, nin suficientes usuarios para a súa realización…
Tomamos nota do erro cometido e para o próximo curso xestionarémolo de outra forma mais produtiva e con mais tempo, para así poder asegurar o campamento.
Dende a Anpa pedimos desculpas, xa que, nos NON estamos dacordo coa reválida. E polo tanto intentamos dar opcións os pais e nais para que podan decidir si queren que os seus nen@s vaian a exame ou non, sen ter que renunciar a conciliación familiar-laboral.