Arde Lucus 2018 (aclaracións sobre á xornada de domingo)

Bo día a todos/as!

Recordarvos que mañá domingo debemos estar na esquina entre Rúa do Progreso e Praza Santo Domingo as 10:30.

Dende o Concello remitíronos os seguinte itinerario:

R/ DA RAÍÑA – BAIXAR POLO LADO DOS CANTÓNS NA PRAZA MAIOR– FONDO DA PRAZA MAIOR – R/ BISPO AGUIRRE – PASEO PEONIL DA RONDA – RONDA DA MURALLA – ENTRADA PORTA DE SAN FERNANDO – Romper desfile no lugar de saída de cada un.

Logo xantaremos xuntos nas costas do Parque de Rosalía de Castro, como xa vos imaxinaredes non hai mesas nin sillas. Non estaría mal que cada un se leve a súa manta de pícnic si o ve preciso para xantar.

Despois de comer, as 18 dará comezo o espectáculo de Xogos Galaicos. Dende o Concello (aínda que nos indicaron que nos entregarán as entradas sobrantes) este ano deron poucas entradas (96) e non se poden comprar (aínda que nos indicaron que nos entregarán as entradas sobrantes) , polo que a orde de entrega será o seguinte:

  1. Os asistentes os talleres de Arde Lucus
  2. Os asistentes ó desfile anotados pola páxina web
  3. Resto de asistentes ó desfile.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.