¿Por qué debería estar asociado?
Estamos para axudarche na formación dos teus fill@s mediante as actividades extraescolares, no seu divertimento coas festas e outras actividades socio- culturais e a mellorar a convivencia entre alumn@s coas excursións. Pero tamén queremos acercarte máis ó colexio ofrecéndote asesoramento e mediación ante calquera conflicto ou situación que xurda na vosa etapa neste centro. Achégate a nós e colaboraremos xuntos no gran proxecto de educar os nosos fill@s para vivir nun mundo mellor.
As últimas comunicacións da ANPA Anexa
A nosa principal canle de comunicación é Telegram
ANPA
¿Qué facemos?
Extraescolares
Complementos formacionales
Na variada oferta de actividades, que teñen un carácter voluntario e non lucrativo preténdese que, mais alá da educación formal os cativos, complementen a súa formación estimulando e canalizando a creatividade. Mediante as actividades extraescolares os nenos obteñen unha autorrealización e satisfacción persoal. Sen pretender ser, como moitas veces oímos, un lugar onde prolongar a estancia dos cativos no centro.
Asesoramos
Informamos e asesoramos
Informamos e asesoramos os país e nais das actividades propias do ANPA de maneira individual e colectiva de todo aquelo que concirna a educación dos seus fillos e fillas e promover que exerciten os seus dereitos e deberes que teñen nese labor .
Convivencia
Fomentamos a convivencia
Fomentamos a convivencia entre a comunidade educativa colaborando co profesorado e alumnado para o bo funcionamento do centro. No seu divertimento coas festas e outras actividades socio- culturais e a mellorar a convivencia entre alumn@s, pais e nais coas excursións.
Participación
Incentivación da participación
Incentivamos a participación das nais e pais no alumnado do centro. Facilitamos a representación e participación das nais es pais do alumnado nos Consellos Escolares.
ANPA Anexa
Velar por unha educación de calidade. Defende os dereitos dos fillos
Tratamos que os pais e titores desempeñedes un papel activo na vida escolar. O obxetivo principal é velar por unha educación de calidade no centro educativo.
O ANPA é unha ferramenta necesaria para poder intervir nas decisións que afectan a educación e benestar dos nosos fillos. e actuar como parte integrante da comunidade educativa.
O que debes saber da ANPA
Respondemos as dúbidas principais e estaremos encantados que nos preguntedes novas dúbidas que incorporaremos aquí para ser transparentes coa asociación, para que formedes parte dela activamente
Presentación da ANPA
temos como obxectivo acercar cada vez mais os pais e nais entre si, e crear vínculos para que a etapa de colexio non solo se quede nas aulas, senón que esas relacións tan sanas cruzen as portas do colexio
¿Qué é e para que serve o ANPA?
A Asociación de Nais e Pais CEIP Anexa é unha entidade sin ánimo de lucro co obxetivo de velar pola educación nos alumnos do centre e representar os intereses dos pais, nais ou titores legais, facilitando a participación no colexio
¿Quén pertence ó ANPA?
Son asociados da ANPA os pais, nais ou titores legais do centro que abonen a correspondente cuota de asociado
¿Para qué serve?
Os estatutos definen os fines da ANPA como por exemplo:
Colaborar coa Dirección do colexio na educación integral do alumnado.
Promover a participación dos pais de alumnos na xestión do centro a través do Consello Escolar
Informar e orientar os seus asociados sobre a problemática da educación dos seus fillos.
Organizar actividades e servizos de tipo asistencial, social, educativo, cultural, recreativo e deportivo para os seus membros e demais compoñentes da comunidade educativa do centro
¿Cómo se financia a ANPA?
A través da aportación anual dos socios.
¿Qué beneficio supón pertencer ó ANPA
Pertencer a ANPA permitirache participar dun xeito activo na educación nos nosos fillo colaborando co colexio na mellora, o que repercutirá favorablemente en TODO o alumnado
A ANPA organiza múltiples actividades ó longo do ano escolar que solo poden participar os socios.
A ANPA representa ós pais no conello escolar.
Descontos en diversos establecementos cos que temos establecidos acordos
¿Cómo se pode participar na ANPA?
Cada familia decide o seu nivel de implicación:
- Pódese ser socio en calqueira momento, simplemente aboando a cuota e cubrindo o seguinte formulario https://anpaanexa.es/asociarse/
- Pódese participar a través das asambleas.
- Pode colaborar en actividades puntuais ou permanentes. Sempre ven moi ben unha axuda.
- Pódense propoñer iniciativas, plantexar temas de debate, etc.
- Pódese colaborar en conferencias sobre calquera tema que considere de interés para os alumnos: saude, nutrición, psicología, educación, medio ambente, familia, Internet
Xunta directiva actual
Somos pais e nais que altruistamente, dedicamos o noso tempo co único interés de mellorar o colexio que nos axuda a educar ós nosos fillos. Orginazamos as actividades que xestiona a ANPA en beneficio dos alumnos do colexio. Gracias a esta dedicación que desde fai anos desenvolve esta asociación conseguíronse moitos logros, e impulsáronse iniciativas moi valiosas para mellorar o centro e polo tanto o día a día dos alumnos