INCIDENCIAS

Bo día a todos/as,

Revisando as contas, seguimos vendo ingresos de xente que non se anotou na anpa. Agradecémosvos que vos anotedes no seguinte enlace para poder enviarvos o carné de socio https://anpaanexa.es/asociarse/
Por outra banda, recordade que para anotarvos a extraescolares da anpa, a parte de avisar o monitor, teredes que cubrir a ficha de inscrición e realizar o ingreso do seguro (10€ para socios e 50€ para non socios), os nenos e nenas non asegurados non poderán asistir a extraescolares. Deixámosvos o enlace : https://anpaanexa.es/extras2018/

Os que non recibistedes o carné de socio/a enviádenos un email comunicándonolo a asociacionanpaanexa@gmail.com

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.